Site icon Crónica3.com A Mariña

O orzamento municipal de Cervo para 2017, a pleno

Cervo, 21 de novembro de 2016. A corporación municipal de Cervo celebrará este luns a partir das 20:00 horas o pleno extraordinario no que se presenta a aprobación o orzamento do Concello para o 2017.

O alcalde, Alfonso Villares, anunciou que “hoxe ás oito da tarde imos realizar un pleno extraordinario, que é un dos máis importantes que hai ao longo do ano para unha corporación; é o pleno no que imos debater os presupostos municipais para este próximo ano 2017”.

O rexedor cervense lembra que “son uns presupostos que por parte do goberno do Concello xa foron explicados durante estas últimas semanas. E agora, unha vez xa presentados na comisión de Facenda que tivo lugar a semana pasada, imos debatelos en pleno esta tarde a partir das oito”.

Exit mobile version