Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Lugo urxe no Congreso buscar e aplicar unha solución que permita a utilización da Autovía do Cantábrico ao seu paso por Mondoñedo cando hai néboa

Lugo, 9 de novembro de 2016.- A deputada luguesa do PSdeG-PSOE Margarita Pérez Herraiz, e o senador lucense Ricardo Varela, anunciaron que rexistraron unha proposición no Congreso dos Deputados, o pasado 3 de novembro, coa que demandan ao Goberno buscar e aplicar unha
solución que permita a utilización da Autovía do Cantábrico entre
Mondoñedo e A Xesta cando hai néboa. Lembra ademais que ultimamente nestes meses, os cortes de trafico son constantes, e incluso duran varios días, como ocorreu esta pasado mes de outubro que estivo pechada catro días consecutivos.

A deputada socialista sinala que no pasado mes de xuño de 2015, o Ministerio de Fomento, anunciou que convocaría unha consulta no mercado que ofrecera respostas innovadoras para a búsqueda de solucións innovadoras relacionadas co deseño, e a implantación de sistemas de protección antinéboa neste tramo.

Asi as cousas, Pérez Herraiz critica que xa pasou máis dun ano dende este anuncio, e a dia de hoxe, segue sen coñecerse como abordará o Ministerio de Fomento a solución deste problema.Advirte ademais que os cortes de tráfico neste tramo conleva repercusións e resgos para o tráfico na N-634 que é a estrada alternativa.

Exit mobile version