Site icon Crónica3.com A Mariña

Ortigueira recibe da Deputación da Coruña 79.000 euros do Plan Provincial de Medio Ambiente

O alcalde de Ortigueira e deputado provincial, Juan Vicente Penabad Muras, informa que Ortigueira optou con tres propostas nos apartados de investimento e actividades. O PMA supón un apoio esencial para os deberes ambientais de Ortigueira e cuxos obxectivos encaixan coa folla de ruta trazada polo goberno municipal sobre o patrimonio natural, o medio ambiente e a paisaxe, áreas para as que se creou unha concellería específica e desde a que se xestaron os proxectos co organismo provincial.

Por unha banda, mellorarase da zona verde da contorna do Centro Social de San Adrián, actualmente deteriorada, tanto a zona de lúdica como o resto do recinto. Coa intervención instalarase unha zona de xogos infantís, un parque un biosaudable e diverso mobiliario urbano. Mellorarase tamén todo o espazo verde do exterior do centros sociocultural. O proxecto ascende a 39.523,66 euros.

O segundo dos proxectos presentados á Deputación será o das BRIGADAS VERDES, un persoal específico para a limpeza ambiental. Ocuparanse de tarefas eliminación e concienciación á poboación do perigo de plantas invasoras, a limpeza de rutas e carreiros, accesos a praias ou de recollida de verteduras incontroladas dos nosos montes. O orzamento para esta actividade que xerará 6 postos de emprego no municipio, é de 36.037,17 euros.

Para finalizar, o último dos proxectos que recibirán financiamento provincial é ORTEGAL SOSTIBLE. Un programa de concienciación cidadá sobre a importancia de preservar o medio ambiente para o futuro, a economía quilómetro cero no Ortegal, e a aposta polo local como recurso socioeconómico. Co tempo, preténdese que a marca Ortegal Sostible evolucione nun selo de calidade a nivel municipal ou comarcal. Para as actividades deste programa resérvanse 3.480 euros.

Exit mobile version