Site icon Crónica3.com A Mariña

Óscar Buján vence na media maratón de Vilagarcía

O Club Atletismo Lourenzá participaba en probas tanto en Galicia como en Asturias durante a pasada fin de semana.

En Galicia, concretamente na localidade pontevedresa de “Vilagarcía”, ÓSCAR BUJAN lograba un primeiro posto absoluto na media maratón entrando en meta en 1 hora, 12 minutos e 47 segundos a pesar de que o vento non foi moi favorable durante a mañá do domingo.

Doutra banda, en ASTURIAS estiveron Marcos, Pachi, Marisa, Gavín e Vanesa (xunto a outros compañeiros do club que viaxaron para animar) participando no cada vez máis coñecido Trail TERRAS PÉSICAS que ofrece dúas posibilidades: unha de 25 km á que só se atreveron MARCOS e PACHI e na que Marcos obtivo un meritorio 9 posto da xeral (sexto sénior) a pesar da dureza do percorrido e as condicións meteorolóxicas adversas que dificultaron, aínda máis, a proba. E outra distancia de 10 km (Speed Trail) na que participaron MARISA (12 sénior), GAVIN e VANESA.

Exit mobile version