Os acontecementos desenrólanse nun espazo temporal exiguo, nos días que van do 11 até o 14 de abril a poboación civil que respalda ao presidente Chávez sae á rúa, as autoridades internacionais non recoñecen ó novo presidente, e os militares leais ó Goberno retoman o poder devolvendo ó mandato ó cargo deposto.
Na mesma data 13 de abril do 2002 o diario español El País abre o día alentando o golpe co Editorial que leva por título: “Golpe a un caudillo”; a total literalidade do texto está dispoñible na rede ou hemeroteca e calquera pode ler o seu contido. Rescato un párrafo para insinuar sen enseñar:
“Sólo un golpe de Estado ha conseguido echar a Hugo Chávez del poder en Venezuela. La situación había alcanzado tal grado de deterioro que este caudillo errático ha recibido un empujón. El ejército, espoleado por la calle, ha puesto fin al sueño de una retórica revolución bolivariana encabezada por un ex golpista que ganó legítimamente las elecciones para, convertirse desde el poder en un autócrata peligroso para su país y el resto del mundo.”
Para entender os intereses do grupo Prisa no proceso bolivariano habería que atender á súa presencia alí a través do grupo Cisneros e Venevisión, así coma ás expectativas comerciais de Repsol-YPF (un dos principais anunciantes), Telefónica (propietaria do 20% das accións do grupo Sogecable) ou as dúas primeiras entidades financieiras de América Latina: BBVA e BSCH.
Voltamos a España e atopámonos coa entrevista do programa de reportaxes de actualidade Salvados onde o pasado domingo 30 de outubro foi entrevistado o ex secretario xeral do PSOE Pedro Sánchez; en plena ebulición do exercicio de psicoterapia levado a cabo polo xornalista Jordi Évole, o político socialista, que quere morrer matando, debúxase como Cristo na súa paixón. No medio da catarsis de sinceridade o ex secretario afirma ter recibido presións de determinados medios progresistas, como El País, que o desacreditarían no suposto de que decidira converxer con Podemos nunha eventual coalición.
No tocante ó debate relativo á independencia mediática admito que o primeiro que se me pasou pola cabeza foi a polémica xurdida no ano 2006 pola non concesión da renovación da licencia de Radio Caracas Televisión, catro anos despois da tentativa de golpe de estado, por promover de forma activa o magnicidio do presidente Chávez. Novamente o grupo Prisa informaba da tiranía do dictador venezolano que pechaba canles de televisión…
Finalmente, e a modo de síntese de todo o exposto, puiden lembrarme daquela cita de Chomsky –ó que Chávez referenciaba na Asamblea Xeral da ONU do 2006- que dicía que a mellor forma de manter á poboación pasiva e obediente era limitando o espectro de opinións políticamente correctas, pero alimentando acalorados debates dentro do mesmo. Nuda veritas.
Pablo Álvarez Ramos.