Volveu rodar o esférico con avisos en ambas as liñas nos dous primeiros minutos, con moito para as defensas in extremis, con salvación de Antoñito polos laranxas e Iván Rumbo polos levantinos. Case sorprende Carlitos nos seguintes compases en xogada de estratexia, cun Íker moi atento. O gol de Iago Rodríguez, no minuto 24 en parede con Cuco, era a inxección de moral que necesitaban os mariñáns. Aceleraron unha marcha e para imprimir unha espreita sen tregua sobre a rede de Íker; avisou Petry por partida dobre antes de que chegase o terceiro, nas zapatillas de Matamoros desde fóra da área buscando o oco polo centro (minuto 26); o 10 laranxa estivo a piques de anotar o cuarto segundos despois, cun balón nunha pelexa na área que acabou en mans de Íker. Con ritmo máis frenético, os castellonencos conseguiron manter o ronsel dos laranxas acurtando distancias rozando o ecuador con Carlinhos. Nuns minutos de continuas idas e vindas unhas das mellores oportunidades protagonizáronas Petry, de tacón, no 34, e Antoñito, só en galopada fronte á prodixiosa man de Íker. A falta de tres minutos e cincuenta segundos, Yeray capitaneou o xogo de cinco sen éxito.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Isi, Iago Rodríguez, Petry, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Cuco, Iago Míguez, Bellvert, Renato, Carlitos
Peñíscola RehabMedic: Íker, Iván Rumbo, Juan Carlos, *Carlinhos, Míchel, cinco inicial; tamén xogaron R. Orzáez, Marquinho, Yeray, Juan Emilio, *Terry, Esteban
Goles: 0-1, minuto 5, Juan Carlos; 1-1, minuto 6, Cuco; 2-1, minuto 24, Iago Rodríguez; 3-1, minuto 27, Matamoros, 3-2, minuto 29, Carlinhos
Árbitros: Galo Suárez (Asturias) // González Moreta (Castela e León). Por Peixes Rubén amarela a Iago Rodríguez (minuto 2), Petry (minuto 29), Matamoros (minuto 37). Por Peñíscola amarela para Yeray (minuto 8), Iván Rumbo (minuto 35)
Incidencias: Sétima xornada de Primeira División LNFS disputada en Vista Alegre. Ao redor de 900 espectadores.