Site icon Crónica3.com A Mariña

Pescados Rubén Burela FS 4 – 3 Móstoles FSF

burela-mostolesAs pupilas de Lucas e Xullo Delgado ataron con uñas e dentes os tres puntos de Vista Alegre este sábado na visita de Móstoles FSF (4-3). Con bo xogo e xerando ocasións, o Pescados Rubén Burela FS chegou a dispoñer dunha vantaxe de 4-1 nos primeiros minutos da continuación, que conseguiron acurtar as visitantes apostando pola porteira-xogadora.

A xenialidade da pichichi laranxa fixo acto de presenza nas primeiras transicións; nun balón rápido Dany inaugurou o luminoso, cando transcorrera 1 minuto e 1 segundos. Adiantaron filas as visitantes para evitar as incisivas e rápidas chegadas das mariñás. Con todo, as galegas buscaron as alternativas necesarias; no minuto 7, Cilene puxo en pé á Bomboneira cun gol desde a pista laranxa, con Etayo un pouco adiantada. Unha das primeiras ocasións das de Móstoles chegou na medianía do primeiro acto, cun disparo de Celia que se paseou por diante da liña de meta burelista. No seguintes tres minutos tivo máis traballo a porteira burelista, pero sen complicacións ata que María Otero reduciu distancias a falta de cinco minutos para o descanso recollendo o balón de Patri Chamorro, bloqueada por Jozi; Shio en última liña non puido evitalo. Antes (minuto 13) tivera o terceiro Sofía nas súas zapatillas tras parede con Lara.

Bea Mateos, asistida por Shio, anotou o terceiro burelista na continuación, no minuto 22. O tándem hispano-nipón tamén deixou o seu autógrafo no cuarto, no minuto 25; Shio tan só tivo que empuxar ao bordo da liña de meta o disparo da 14 burelista. Tras un balón de ouro de Elvira, sóla ante a rede mostoleña, no 26, as visitantes recorreron ao xogo de cinco, co que puideron reducir distancias no 28, de Celia (4-2); antes Elvira perdoara a porta baleira. Antes de cumprirse a *medianía do segundo acto Inma apertou máis o electrónico nunha rápida saída.

As locais fixeron valer a fortaleza da Bomboneira para sumar tres novos puntos, podendo ser máis cómoda a vitoria, con ocasión a porta baleira a falta dun minuto e medio para a bucina fina e nunha gran xogada persoal de Dany a falta de 1 segundos.

Ficha técnica
Pescados Rubén-Burela FS: Jozi, Dany, Lara, Bea Mateos, Shiori, cinco inicial; tamén xogaron Elvira, Cilene, Silvia, Judith, Sofía

Móstoles FSF:, Etayo, Patri Chamorro, Celia, Ana Otero, Inma, cinco inicial; tamén xogaron Carmen Alonso, Bet, Alba Pena

Goles: 1-0, minuto 1, Dany; 2-0, minuto 7, Cilene; 2-1, minuto 15, María Otero; 3-1, minuto 22, Bea Mateos; 4-1, minuto 25, Shiori; 4-2, minuto 28, Celia; 4-3, minuto 29, Inma

Árbitros: Mella Brea // Carreira Romeu (A Coruña). Por Burela amarela Silvia (minuto 7)
Incidencias: Partido da undécima xornada de Primeira División RFEF disputado en Vista Alegre ante 400 persoas.

Exit mobile version