Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata o “Mes da Maxia” con catro sesións en restaurantes da comarca

A Mariña, 24 de novembro de 2016. Esta fin de semana remata o Mes da Maxia na Mariña lucense, que se veu celebrando desde o pasado 28 de outubro. Trátase da quinta edición deste evento, que organiza a Mancomunidade de Municipios en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e que se desenvolve en 20 locais hostaleiros de toda a comarca.

Nesta última fin de semana o Mes da Maxia chega este venres, día 25, á Yenka, de Barreiros, que contará coa presenza dos magos Senín e Miguel; e ao Asador, de Viveiro, onde estarán Pi e Paredes. Xa o sábado, 26 de novembro, a cita será en O Noso Lar, de San Cibrao, onde actuarán os magos Kiko e Jorge; e no Parador de Turismo, de Ribadeo, que contará cos magos Senín e Miguel.

Na páxina web www.mesdamaxia.com atópanse o listado cos restaurantes participantes así coma os menús que se poderán degustar en cada un deles e os números de teléfono para facer as reservas. Todas as ceas darán comezo ás dez da noite.

A quinta edición do Mesa da Maxia conta co patrocinio de Adegas Pazo do Mar e Distribuciones Carreiras.

Exit mobile version