Con unha dobre ocasión de Esther Puche comenzou o duelo entre Leganés e Pescados Rubén Burela, no que as locais buscaban a segunda vitoria do curso. Aos seis minutos dende a frontal da área tras roubo de balón Alicia Benete poñía o 1-0 que premiaba o empuxe inicial das madrileñas no choque.
O conxunto lucense trataba de igualar a intensidade inicial local para equilibrar o desenrolo dun partido moi competido no seu primeiro cuarto, ambos equipos plantábanse con perigo na porta rival. A nove minutos da conclusión, as lucenses optaban por alternar xogo de cinco con Bea Mateos de porteira xogadora que lles permitía facerse coa posesión. Tiveron ocasións as galegas para igualar o choque pero o bo facer baixo paus de Merce mantiña a escasa renda local que se ampliaría a dous minutos do descanso con un novo gol de Alicia Benete de potente remate que se colaba pola escadra. A renglón seguido o Burela acariciaba o gol e o desenlace do primeiro período as ocasións claras de gol producíanse en ambas áreas pero sin incidencias no marcador parcial.
A catro minutos para o final, Shiori a porta baleira marcaba o 2-4 que obrigaba ao Leganés polo xogo de cinco con Patri como porteira xogadora. O choque concluía con un balón ao pao e tres ocasións claras das madrileñas que sucumbiron ante un Pescados Rubén Burela máis acertado.
Ficha técnica
Leganés FSF: Merce, Ampi, Alicia, Patry, Puche –cinco inicial- Marina, Elsa, Laura Medina, Laura Jiménez, More
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Silvia, Bea Mateos, Shiori –cinco inicial- Cilene, Sofía, Judith, Lara, Elvira
Goles: 1-0, m.6, Alicia; 2-0, m.18, Alicia; 2-1, m.26, Dany; 2-2, m.34, Lara; 2-3, m.35, Lara; 2-4, m.37, Shiori.
Árbitros: Ángel Gómez, Jonathan Pósito.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 10 de la Primera División. Pavillón La Fortuna de Leganés. 200 espectadores.