Site icon Crónica3.com A Mariña

Suspendido o roteiro de Amigos de RegalXunqueira por Reinante

Amigos de RegalXunqueira suspenden o roteiro previsto para o sábado 19 de novembro por Reinante (Ribadeo) por mor da alerta de temporal. A actividade trasládase ao sábado 3 de decembro con saída ás 10.00 horas dende a estación de tren de Viveiro ata a estación de tren de Reinante. Alí ás 11.00 horas empeza a camiñata ata Ribadeo onde xantarán no restaurante A DORADA DO CANTÁBRICO despois de pasar por As Catedrais, Rinlo, Praia Areosa, Praia do Castro, Praia de Olga, Illa Pancha, Forte de San Damián e Ribadeo. A volta está prevista para as 18.40 horas dende a estación de Ribadeo en tren ata Viveiro. Recomendan levar o bocata para o xantar e algo para comer e vecer durante a camiñata de 16 quilómetros de percorrido chan.

Exit mobile version