Site icon Crónica3.com A Mariña

Show de bailes de salón na cea Thalasso Dancing do Resort Las Sirenas o vindeiro sábado

O Resort Las Sirenas de Viveiro organiza o vindeiro sábado 26 de novembro unha cea baile que inclúe un show de bailes de salón escenificado pola Escola ‘Goldance’ de Baile Deportivo e de Salón da Mariña Lucense.

O menú da cea, que ten un prezo de 25 euros por persoa, constará de filloa rechea de crema de marisco con salsa americana; pementos de piquillo recheos de bacallau con pasas, gornecido con miniensalada; carrilleiras de porco ibérico con verduriñas salteadas; e mousse de queixo con xeado da casa sobre tulipa de galleta e chocolate. As reservas xa están abertas no Resort As Sirenas.

Ademais lánzase unha oferta especial en aloxamento por 25 euros máis para os que queiran alongar a festa. Todos os interesados poden informarse sen compromiso no teléfono 982560200 ou na súa páxina de facebook.

Próximos eventos
Esta é a primeira das sesións “Thalasso Dancing” que o Resort As Sirenas organiza para a tempada final de ano. A seguinte será o sábado 10 de decembro, que abrirá de cheo a campaña de ceas de grupos e empresas, e que estará amenizada como sempre con boa gastronomía, música, baile, barra libre e interesantes ofertas en aloxamento.

Tamén se presentou xa a oferta do Hotel Thalasso Cantábrico para a noite de Fin de Ano, que inclúe cea de gala e festa cotillón con barra libre e o tradicional chocolate con churros por 122 euros; cunha oferta especial de 169 euros incluíndo aloxamento, almorzo e garaxe.

O último menú de 2016 estará composto de Cocktail de Benvida; Desfile de Lagostinos sobre Ensalada e Mahonesa de Soia; Lagostinos á prancha con Vinagreta de Cítricos e a súa Vieira ás Costas; Rape en Salsa Verde coas súas Ameixas e Compañía; Sorbete de Mojito; Solombo de Tenreira Galega ao Maitre d´Hôtel coa Pataca Panadeira e Caramelo de Viño Mencía; Brownie de Chocolate Negro con Sopa de Chocolate Branco, un Xeado Artesán de Avellana e Granizado de Framboesa. A festa continuará coas Uvas da Sorte, Cotillón, Festa e Baile de Fin de Ano, con Barra Libre e Chocolate con churros durante a madrugada.

As reservas xa están abertas no Resort As Sirenas. Todos os interesados poden informarse sen compromiso no teléfono 982560200 ou na súa páxina de facebook.

Exit mobile version