Site icon Crónica3.com A Mariña

A conxelación das taxas, impostos e prezos públicos para o vindeiro ano, a Pleno en Burela

Burela, 4 de novembro de 2016. O vindeiro luns, 7 de novembro, ás 10 da mañá terá lugar un pleno extraordinario no Concello burelés. Na orden do día figuran as taxas, impostos e prezos públicos para o vindeiro ano.

O alcalde, Alfredo Llano, explica que “imos conxelar unha parte importante das taxas, impostos e prezos públicos para o 2017. Vanse reducir nun 0’1% as taxas do lixo, auga e sumidoiros e tamén baixará a correspondente á ocupación de instalacións municipais, como pavillóns deportivos, por poñer un exemplo”.

O rexedor anuncia que “imos derrogar a taxa que se pagaba por acudir a facer exames ao noso Concello, aquela que tiñan que abonar aquelas persoas que acudían a participar en probas de selección en Burela. No 2017 por este concepto non haberá que pagar ningunha taxa”.

Llano engadiu que “tamén imos incrementar a taxa dos caixeiros automáticos que están na rúa, neste caso pasarán de pagar 191 euros a preto de 600 euros anuais. Ata o de agora en Burela ditos caixeiros estaban a pagar o mesmo que as máquinas expendedoras de bebidas ou doces. No caso do IBI, e tras a revisión catastral realizada, o gravame que imos aplicar será do 0’48%, un dos máis baixos da comarca da Mariña. E mais do 50% dos veciños e veciñas de Burela verán reducido este imposto”.

Exit mobile version