Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro e música na Casa da Cultura do Vicedo

A Casa da Cultura do Vicedo acolle esta fin de semana dúas propostas. En primeiro lugar, o sábado ás 20.00 horas con entrada gratuita, unha nova proposta de teatro afeccionado. Trátase do grupo O TORQUES de Burela que representará a obra “Donde as dan, as toman”.

Por outra banda, o domingo a partir das 18.00 horas e con entrada gratuita, unha proposta musical. A Agrupación SONS DE CELEIRO ofrecerá un concerto para todos os asistentes. Trátase dun grupo de música galega e tradicional que se presenta por primeira vez no Vicedo.

Exit mobile version