As entradas xa están a venda na Biblioteca Pública, na Casa da Xuventude, na Cervecería O Traste ou na web www.curtiseteixeiro.gal a un prezo único de 12 euros.
A representación o 12 de novembro terá lugar no Auditorio Municipal de Burela ás 21:00 horas.
Curtis e Teixeiro son dous detectives un tanto peculiares, os Starsky e Huch galegos, unha clase de investigadores privados con métodos diferentes aos habituais e sobre todo con formas moi afastadas das correctas.
Federico Pérez e Xosé Antonio Touriñán son dous dos rostros máis habituais das series galegas. En Era Visto! Federico Pérez é Moncho, e Touriñán intervén en programas como Land Rober e participou en series como A vida por diante ou Padre Casares.
Curtis & Teixeiro xa pasaron por A Coruña, Ponteareas e Portas. E esta fin de semana (4 e 5 de novembro) estarán en Vimianzo e Santiago, o 11 de novembro viaxarán ata Vilagarcía de Arousa e o 12 estarán en Burela.