O vindeiro sábado, día 12 de novembro, a partir das 19.00 horas no Local Social de Trasbar celebraremos unha nova edición do magosto.
Ás 19.00 horas, teatro co grupo O Batán e a obra “Igualdade virtual” de Francisco Piñeiro, dirixida por Mª Paz Rodríguez.
De seguido, haberá castañas e pancetada por un prezo de 1,50 para os socios e 2,50 para os non socios a panceta e 1 euro as castañas para todos e todas.
Actividades de Nadal
Este sábado teremos a cesta de Nadal exposta para quen queira participar no sorteo (3€ cada firma). Por motivos de seguridade, a cesta non vai a quedar no local despois dese día, pero teremos unha foto para quen non poda ir ao magosto.
Un ano máis, os veciños de Trasbar xogaremos ao mesmo número na Lotaría de Nadal. Pódese reservar (ou mercar) o décimo do número 42726.