Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa convida ao novo delegado territorial a manter informado ao Concello sobre “as cuestións importantes que afectan a Viveiro”

O Concello de Viveiro non tiña coñecemento do anuncio realizado por José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, sobre o inicio do proceso de adxudicación de 21 vivendas de promoción pública, 4 delas no casco antigo de Viveiro.

“E como en moitas outras ocasións, lamento que sexa a prensa a canle de comunicación utilizada. A pesar de que se deberían ter entregado hai xa moito tempo, entendo que o inicio do proceso para adxudicar 4 vivendas de promoción pública en Viveiro é unha gran noticia, importante para os veciños do municipio, polo que considero que José Manuel Balseiro debería terse posto en contacto conmigo para comunicarmo, tendo en conta, ademais, que a Oficina Municipal de Rehabilitación do Casco Histórico tramita os expedientes de rexistro de demandantes de vivenda, sendo esta oficina considerada unha ventanilla única do Intituto Galego de Vivenda e Solo e realizando, asemade, labores de información e apoio ao cidadán neste ámbito, tando de Viveiro como dos municipios próximos.

Se a falta de respecto institucional cara este Concello é unha constante por parte de moitas consellerías, delegacións e organismos da Xunta de Galicia, debo recoñecer cando as cousas si se fan ben. Neste sentido debo indicar que Raquel Arias, anterior delegada da Xunta de Galicia en Lugo, sempre me mantivo informada daquelas cuestións importantes que afectaban a Viveiro; unha aptitude e forma de traballar que tamén comparte a delegada
territorial da Consellería de Educación, Mariña Gueimunde, que sempre comunica a este Concello as cuestións de importancia. Animo, pois, ao novo delegado territorial da Xunta de Galicia a que tome exemplo desta forma de
proceder.

Finalmente, animo a todos aquelas persoas interesadas en optar a unha destas vivendas a que se achegue ás oficinas municipais para ser informados dos trámites a seguir.

María Loureiro

Exit mobile version