Site icon Crónica3.com A Mariña

A cooperativa Os Irmandiños recibe formación sobre atención a maiores e envellecemento activo

noaiskfnlxSantiago de Compostela, 16 de decembro de 2016.- Un grupo de persoas socias da cooperativas Os Irmandiños (A Rochela, Ribadeo) participou este venres na iniciativa “Coidar, coidarte”. A primeira parte da mañá constou dunha charla sobre a situación das persoas maiores no medio rural e o papel das cooperativas na mellora da súa calidade de vida así como a das persoas encargadas da súa atención, a cargo do diretor-xerente de AGACA Higinio Mougán.
A continuación, Marisol Suárez e Silvia Fondo, profesionais en atención a persoas maiores e con dependencia explicaron diferentes modos de mitigar a deterioración asociada ao envellecemento, a nivel físico, psicolóxico e social, para que tanto as persoas maiores como as que estean encargadas da súa atención gocen dun maior benestar no día a día.

Xunto con Juan Antonio Prado, director do Centro de Empresas de Lugo de CaixaBank, participaron na inauguración e clausura da xornada José Ramalleira e Francisco Javier Barcia, vicepresidente e xerente respectivamente de Os Irmandiños.

Compromiso social
“Coidar, coidarte” forma parte do Plan de acción en favor da infancia, xuventude, muller e maiores 2016- 2017 desenvolvido por AGACA e Obra Social “la Caixa”, que comezaron a súa colaboración nestas materias xa en 2015.
Neste ciclo de “Coidar, coidarte” está previsto realizar accións en 8 cooperativas para chegar a maior público. No ciclo anterior, rematado este verán, participaron máis de 100 persoas.

Exit mobile version