Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación aproba un convenio coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo

A Xunta de Goberno aprobou o convenio coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo para colaborar nos gastos de celebración das San Lucas 860 Aniversario. A Deputación achega un total de 25.000 euros, o que a converte na principal patrocinadora desta centenaria feira.

Santos Ramos quixo pór en valor a grande labor dos membros desta asociación, “pois son os que manteñen vivo e fan perdurar no tempo esta feira, que ten rexistrado o seu nacemento no no ano 1156. Dende a Deputación de Lugo estamos convencidos da necesidade de continuar colaborando neste tipo de iniciativas coas que promovemos, impulsamos e contribuímos a loitar para que as nosas tradicións pervivan e sigan formando parte da nosa esencia”.

Exit mobile version