Site icon Crónica3.com A Mariña

A Estrela de Nadal de Alfoz cumpre 25 anos

Este ano conmemórase o 25 aniversario da colocación por primeira vez da estrela de nadal que alumea Alfoz.

Membros da Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, coa axuda do Concello, colocaron este sábado a estrela luminosa que un ano máis nos acompañará durante a época de Nadal no alto da torre do Castelo de Castrodouro. Esta estrela, unha das máis grandes de Galicia, con 13 metros de lonxitude e símbolo do Nadal de Alfoz, comezará a alumear esta mesma noite.

Aproveitamos a ocasión para comunicar o horario do Castelo de Castrodouro neste Nadal (dende o 24 de decembro ata o 8 de xaneiro, exceptuando o día de nadal e ano novo, no que permanecerá pechado) que será o seguinte:

Luns a venres: de 15.00 a 19.00
Festivos e fins de semana: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00
O resto dos días, fóra da tempada de Nadal, será como ata o de agora: festivos e fins de semana de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00.

Exit mobile version