O grupo “Trípode e amigos” estará en San Román de Vilaestrofe este xoves 8 de decembro ás 19.00 horas para representar a súa obra “A panxoliña máis fermosa”. O sábado 10 arredor das 18.00 horas volveran a representala en San Miguel de Reinante, colaborando nunha iniciativa de Cáritas para recadar fondos para os máis necesitados. Finalmente o domingo 18 de decembro polas 20.00 horas representarana de novo no Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro.