Site icon Crónica3.com A Mariña

A plantación do primeiro teixo “comprometido” nos actos conmemorativos do cuarto aniversario de CxG

aosnildkfzCompromiso por Galicia celebrou o seu cuarto aniversario cunha cea de fraternidade que se celebrou na cidade de Lugo e na que participaron entre outros o secretario xeral, Xoán Bascuas, o secretario de organización, Manoel Vello, e o de comunicación, Orlando Villamayor. O encontro serviu para conmemorar unha data tan especial para o partido galeguista, e tamén para falar sobre o II Congreso Nacional que terá lugar o vindeiro 21 de xaneiro.

Os dirixentes de Compromiso por Galicia tamén promoveron un acto que simboliza o traballo que se está facendo desde a organización. A plantación do primeiro teixo “comprometido”. Neste caso agradeceron a colaboración da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo.

“Estes catro anos de traballo son un patrimonio importante, unha semente que ten que agromar. Estamos convencidos de que Galicia necesita dunha opción coma Compromiso e confíamos en que o segundo congreso sexa o inicio dunha etapa fértil para o galeguismo”.

Exit mobile version