Site icon Crónica3.com A Mariña

A programación de Nadal en Mondoñedo apoia unha campaña de sensibilización co comercio local

O pasado luns, 12 de decembro a Alcadesa de Mondoñedo Elena Candia, mantiña unha reunión coa directiva de ACIAM co obxectivo principal de levar a cabo unha campaña de sensibilización co comercio de Mondoñedo.

A iniciativa forma parte dun proxecto de información e sensibilización co comercio da cidade. Por tal motivo a programación cultural e deportiva de Nadal que ofrecerá o Concello levará como lema principal “ven a Mondoñedo e compra no noso comercio”. Esta campaña dará comezo mañá venres día 16, coincidindo co inicio das actividades programadas para este Nadal. As XVI Xornadas de Arqueoloxía “Villaamil y Castro” que se inaugurarán ás 19.45 horas no Centro Comarcal e un “obradoiro Nadal de serigrafía” a partir das 16.30 horas na Casa da Xuventude son os actos programados para este inicio de actividades de Nadal que rematarán o domingo 8 de xaneiro cunha Gala benéfica; Mondoñedo con la Moda y Tú “contra el cáncer infantil” que terá como escenario o Auditorio Municipal Pascual Veiga.

O díptico que inclúe as actividades que se desenvolverán ao longo destas Festas así como un listado de todo o comercio mindoniense, distribuirase a toda a pobación para poñer en coñecemento os actos programados e lembrar os comercios onde se poden realizar as compras.

Exit mobile version