Site icon Crónica3.com A Mariña

A Queixería do Campo, Enfermera Saturada e Funil.gal, premios #INLUGO16

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, entregaron este sábado os Premios #INLUGO, no marco do IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais INLUGO. Con estes galardóns, o organismo provincial recoñece iniciativas, persoas e organizacións da provincia que fan bo uso da internet, as novas tecnoloxías e as redes sociais. Na edición deste ano presentáronse case corenta candidaturas repartidas en tres categorías:

Comercio, Ocio e Restauración
•GAÑADOR: A Queixería do Campo (http://www.queixeriaprazadocampo.com), resultou gañadora nesta categoría polo bo uso das distintas redes sociais que xetiona (Facebook, Twitter, Instagra, Pinterest e Youtube). Este comercio ofrece distintas variedades de queixos cun denominador común: a calidade. A Queixería propón un percorrido por todas as tipoloxías de queixo máis importantes do noso país, así como Francia, Holanda, Italia e Inglaterra. A Queixería do Campo está situada na Praza do Campo, 6, en Lugo.

•FINALSTAS:
– Faragulla (http://www.faragulla.com) web adicada á venda de obxetos especiais de cociña.
– UVE Laboradorio de Deseño un estudo de deseño que crea espazos totalmente personalizados ó cliente.

Deportes, Cultura e Acción Social
•GAÑADOR: Enfermera Saturada (http://www.enfermerasaturada.es/). Héctor Castiñeira, creador do personaxe Enfermera Saturada. En decembro de 2013 autopublica o seu primeiro libro “A Vida é Soro”. Toda unha viaxe ao mundo da enfermería e os hospitais, onde o humor e as aventuras de Satu no hospital son o fío condutor. O libro cultiva un gran éxito entre o público, sendo o máis vendido ese nadal na internet e manténdose no top 10 durante meses. Case un ano despois, en setembro de 2014, o seu autor ficha pola editorial Praza & Janes (grupo Penguin Random House) e lánzase ao mercado a reedición de “A Vida é Soro” que actualmente vai pola 8ª edición. Todo un bestseller que conquistou a decenas de miles de lectores e situou ao seu autor como un referente a nivel nacional.

•FINALISTAS:
– Lugoslavia (http://lugoslavia.gal/) web adicada á actualidade do CD Lugo (crónicas, entrevistas, reportaxes, material audiovisual…) contando con moita actividade nas súas rede sociais (Facebook, TWitter, Instagram, Flickr e Youtube). Colabora con distintas webs a nivel nacional e dela suxriu a peña do CD Lugo coa que comparte nome.
– CB Breogán Premiada pola sua labor de difusión nas redes sociais e na web da actualidade do club de baloncesto, así como da provincia de Lugo ao ser un referente no deporte a nivel nacional.

Tecnoloxía
•GAÑADOR: funil.gal (www.funil.gal) É unha iniciativa nacida na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, de acceso aberto e gratuíto e que consiste nun laboratorio virtual de química que ofrece novas ferramentas multimedia para o ámbito científico: un libro electrónico de prácticas de laboratorio de química e unha serie de vídeos onde se visualizan dun xeito ameno os procedementos, as técnicas e o desenvolvemento práctico no laboratorio de química xeral. As ferramentas están dispoñibles na rede, conseguindo unha ampla difusión nacional e internacional grazas ó seu canal de Youtube.

•FINALISTAS:
– Mar Castro (http://www.marcastro.es) é unha doutora en comunicación e experta en protocolo de prestixio nacional que da difusión ó seu traballo e publicacións a través da súas redes sociais, web e blog, sempre presumindo de ser lucense.
– Nudoss.com (www.nudoss.com), proxecto lucense que nace da empresa Miramar Cruisses, é a primeira rede social de cruceiros de Europa.

Concurso de fotografía #inlugo16
Así mesmo, tamén se deu a coñecer o gañador do concurso de fotografía #Inlugo16, Saritísima (@srvQueen), co que se buscaba premiar á mellor imaxe da cidade (podendo estar tamén relacionada co congreso) que os asistentes publicaran nas redes sociais co hashtag #inlugo16. A vencedora recibiu un smartphone última xeración.

Exit mobile version