Ademais de ter unha ampla oferta en artigos de papelería, sección de agasallo con marcas como Mr Wonderful, Gorjous, Nici, Despeche ou Animosa, consumibles e accesorios para informática, material escolar e de oficina, en Folder Ribadeo fan fotocopias, plastifican documentos e realizan envíos de fax. Tamén ofrecen outros servizos, como recarga de teléfonos móbiles e mensaxería, que permite enviar paquetes ou documentación a calquera parte do mundo a través de DHL.
Recentemente instalaron unha fotocopiadora máis rápida e con moitas máis funcións: escaneo directo a correo electrónico, impresión desde pendrives e desde o teléfono móbil do cliente, impresión de folletos maquetados e grampados, etcétera. Tamén ofrecen servizo de impresión, escaneo ou fotocopiado de planos en 24 horas. Ademais fan encadernacións en espiral ou canutillo.
Os propietarios do establecemento de Folder en Ribadeo son Emma Álvarez Chao e Diego Valcarce Behague, quen comentou que “este primeiro ano foi duro pero moi reconfortante tanto a nivel profesional como persoal. Temos clientes pero tamén temos novos amigos e amigas. A boa acollida anímanos a mellorar cada día”.