Site icon Crónica3.com A Mariña

Á venda as entradas para a xornada do venres 7 de xullo do Resurrection Fest

64 bandas conforman o primeiro adianto de cartel do Resurrection Fest 2017. Este ano conseguen superarse aínda máis e traer a unha das maiores bandas do planeta, das máis pedidas ao longo destes anos, e virá encabezando o festival nunha data única en toda a Península Ibérica en 2017 o venres 7 de xullo. Trátase dos alemáns Rammstein que levarán a Viveiro o mellor directo do mundo, un concerto completo de longa duración cheo de toda a súa pirotecnia e escenografía.

As sorpresas non quedan aí, xa que outra das bandas máis pedidas desde os nosos inicios e unha das bandas máis importantes do punk rock, Rancid, tamén estarán no festival xunto aos tamén aclamados Dropkick Murphys, toda unha festa asegurada. Suicidal Tendencies xunto a Dave Lombardo (batería orixinal de Slayer), Agnostic Front, Comeback Kid, Terror, Snapcase, Deez Nuts ou The Bouncing Souls tamén farán pola súa banda as delicias dos fans do punk e do hardcore. “E para os que lles gusta o metalcore e o metal progresivo actual, teremos aos grandes Architects, os instrumentais Animals As Leaders, Bury Tomorrow, The Devil Wears Prada por primeira vez en España, Northlane e moitos máis.

Doutra banda, para os que prefiren o hard rock poderán disfrutar dos australianos Airbourne, reencarnación do espírito máis ACDC. E índonos ao metal extremo, Arch Enemy tocarán por primeira vez no festival, e teremos xoias como Mayhem tocando o seu mítico álbum “De Mysteriis Dom Sathanas”, Napalm Death, The Black Dahlia Murder ou Taake. Non nos esquecemos do folk metal porque Eluveitie e Korpiklaani farannos bailar ata altas horas, nin do thrash con Lost Society ou Warbringer.

“No noso novo escenario de sons sureños, o Desert Stage, teremos a grandes nomes como Rede Fang, Pentagram coa súa xira de despedida “Last Daze Here”, Alcest, Orange Goblin ou Truckfighters, que estamos seguros alegrarán a gran parte do noso público, achegando calidade e variedade á programación”.

Pero o cartel non remata ahí. Hai unha chea de grupos de gran calidade que convidamos a descubrir na listaxe de bandas confirmadas.

Entradas
O vindeiro martes 13 de decembro Resurrection Fest pon á venda as entradas da xornada do venres 7 de xullo, día de actuación de Rammstein, a un prezo de 79 euros más gastos.

Estas entradas de día súmanse ás entradas de 3 días, dispoñibles a 115 euros más gastos. Debido á alta demanda de abonos, o número de entradas do venres será limitado. Esta entrada dará acceso a todo o día do festival (aproximadamente 30 bandas en total), non so ao concerto da banda.

Exit mobile version