Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades no Museo do Mar polo Día Internacional do Migrante 2016

A Rede Museística Provincial da Deputación de Lugo programa, con motivo do Día Internacional do Migrante 2016, unha serie de actividades que se levarán a cabo nos catro museos que a conforman.

No Museo Provincial do Mar hoxe, día 16, en horario de 16:00 a 18:00 h, levarase a cabo un obradoiro titulado Mesa do Nadal, no que os membros do Club Sénior lembrarán antigos Nadais nos que a migración estaba moi presente.

O sábado 17, en horario de 11:30 a 13:00 h, serán os mesmos do Club Pequeamig@s, na actividade Sociedades plurais e diversas, os que se mergullen nas diversas causas que obrigan ás persoas a abandonar a súa terra, nas formas nas que fan a viaxe, a maior parte das veces dramática, e nas dificultades que poden presentarse para adaptarse aos costumes dos países de acollida.

O domingo 18, ás 11 h, estrearase o documental La Memoria del Migrante. A proxección farase simultaneamente nos catro museos da Rede. A entrada será, como sempre, gratuíta.

Este documental foi dirixido pola fotógrafa Giovana Pereira, con música do cantautor Walter César, ambos uruguaios. Nel dáse voz e imaxe ás mulleres que viven en Lugo e ás mulleres galegas que viviron no Uruguai.

Este acto enmárcase dentro do programa Culturas en diálogo que se vén desenvolvendo na Rede Museística da Deputación de Lugo, este ano cun proxecto de colaboración entre a Rede e a Asociación de Inmigrantes e Retornados Riopratenses en Lugo que traballan xuntos co obxectivo de investigar, documentar, reinterpretar e difundir a cultura de Lugo e Uruguai a través do diálogo intercultural, xerando espazos comúns onde é posible compartir e interactuar poñendo en común as diferenzas.

Exit mobile version