Site icon Crónica3.com A Mariña

Audiencia Real para o IES Vilar Ponte

O instituto “Vilar Ponte” de Viveiro está de parabéns. Esta fin de semana (ata o luns 12 inclusive) terá un representante en Madrid, que explicará o bo facer de todo o alumnado galego á S.M O Rei. Todo iso, como consecuencia do premio ao mellor alumno galego, que recaeu en Daniel Bermúdez de 2º de ESO, dentro do concurso “Que é un rei para ti”. Nestes próximos días e acompañado da súa familia así como da súa profesora Mapy Martín, visitará varios lugares emblemáticos de Madrid, para terminar sendo recibido pola súa Maxestade a quen explicará o seu traballo, o dos nenos aos que representa e, ante quen este viveirense, dará o discurso de despedida deste evento no Palacio do Pardo. Daniel promete traer material fotográfico que reflicta esta experiencia inesquecible.

Exit mobile version