Site icon Crónica3.com A Mariña

Balonmán Xallas 24-35 Galipizza Viveiro

O Balonmán Galipizza Viveiro conseguía o sábado en Santa Comba a súa sexta vitoria consecutiva na Liga (11 no total da tempada) nun encontro que dominou de principio a fin: 24-35.

O equipo chegou co tempo moi xusto para quentar e iso notouse no inicio, onde aos de Viveiro lles custou entrar. De todos os xeitos, pouco a pouco, os de Javi Villares foron collendo distancias no electrónico ata colocarse sete goles por riba tralo final do primeiro período: 12-19.

No segundo tempo, os locais saíron moi fortes e conseguiron reducir as distancias ata os catro goles, pero superado o ecuador, o cadro da Mariña volveu coller velocidade e puxo máis terra de por medio, finalizando o encontro cunha renda de once goles: 24-35.

BALONMÁN XALLAS (24): Adrián e Javier; Vilanova (4), Braña, Barbeira (3), Castelo (4), Francisco (1), Recarey (6), Amigo (2), Calviño (2), Mallo, Juan Carlos, Gonzalo e Bruno.

Exclusión: Calviño.

BALONMÁN GALIPIZZA VIVEIRO (35): Emilio e Peña; Jose Labaén, Carlos (2), Javi Villares (1), Bruno Gómez (1), Villares (4), Fede (1), Turbo (9), Andrés (1), Diego (2), David (5), Sanjurjo (3), Jacobo (1) e Aitor (5).

Exclusións: Sanjurjo e Diego.

Árbitros: Andrés Tejo e Inocencio Román.

Incidencias: Boa entrada no pavillón de A Fontela. Afección moi animosa a dos xalleiros.

Próxima xornada
Os de Viveiro xa pensan agora na última xornada deste 2016, onde volverán xogar a domicilio. Visitan a cancha do Balonmán Moaña, o outro equipo que ten un pleno de triunfos despois das seis primeiras xornadas na Segunda Autonómica. Os moañeses son un equipo moi forte na súa pista, onde venceron con comodidade nos tres encontros ligueiros que disputaron ata o momento: 29-13 ao Lucus, 25-19 ao Desza e 32-15 ao Xallas. Será polo tanto unha pedra de toque moi importante e, se os viveireses conseguen traerse o triunfo, significará o peche dun inmellorable primeiro terzo de competición.

Exit mobile version