CADETE – XUVENIL:
Aleix Díaz, 8,30 en 60 lisos, 42,55 en 300 con marca válida para cto. galego e en 1000 2,59 con marca tamén para galego.
Ainara Rguez. conseguiu marca mínima nas duas probas nas que participou. 8,61 en 60 lisos ( a 4 décimas de marca de cto. de España) e 45,80 en 300 lisos ( a 2 segundos tamén de marca de cto. de España).
Ana Vallines alcanzou marca para galego en 3000 lisos, con un 11,58 que aínda así está lonxe da súa mellor marca persoal.
Ademais participaron Pablo Irimia en 3000 lisos(11,20) e Ainhoa López (12,13 en 60 valados) e Claudia Graña (11,60 en 60 valados) a 6 centésimas de marca para galego.
Competiron os atletas menores Ian Méndez, Brais Díaz, Iria Rodríguez e Henar Méndez todos en 1000 lisos todos con unhas fantásticas marcas para ser o primeiro contacto coa pista.