Unha infraestructura da que se leva falado e escrito dabondo desde hai bastantes anos. Non hai un cidadán burelés que non teña falado do acceso ó porto nun momento ou noutro, para ben ou para mal, por esto ou por aquelo…. Os medios informativos tamén teñen cuberto abundante espacio co acceso ó porto como noticia… Pero a coincidencia é xeneralizada: a obra é fundamental para Burela. E, por fin, xa está en funcionamento.
Chegar hasta aquí non foi nada doado. Desde que se comenzou a falar da obra, houbo momentos de ver como a cousa arreaba, como se ralentizaba, e mesmo momentos de desesperación. Moita xente estivemos sempre tirando para diante, pero tamén houbo quen non o estivo tanto, e mesmo non apoiou cando ó millor había que facelo, movido sólo por cuestións de tacticismo político.
E ainda que os medios falaron estes día dabondo de certos aspectos da “historia” desta obra, estimo que hai feitos que a xente descoñece, e que, agora que xa está a obra en servicio, é bon que a cidadanía poida saber deles. Quen esto escribe, por estar nesto da política desde aquela e hasta agora, pode decir que tén vivido a totalidade do que foi o procedemento administrativo e constructivo desta obra, mesmo desde que se comenzou a falar dela. E abofé que está satisfeito de vela hoxe en servicio. Mui satisfeito, porque se fai realidade algo polo que traballou e pelexou no convincemento de ter todos os argumentos a favor e ningún en contra. Esto pode que non me dea nin máis nin menos autoridade moral, pero sí creo que me dá lexitimidade para lembrar certos momentos e circunstancias, todos eles coa súa relevancia, mais sen entrar no terreo da opinión.
Lonxe queda a campaña electoral das municipáis do ano 1991… Esta obra xa figuraba en algún programa daquelas municipáis, sendo todos conscientes de que a cousa tardaría, porque quen máis e quen menos apostábamos por ela, pero non quedaba claro por ónde debería ir… Mesmo chegou a haber un trazado que entraba no casco urbano a través da que hoxe é Rúa do Mariñeiro, entroncando con Eijo Garay, e que quedou neso, en trazado. Non será hasta principios deste século cando se toma o asunto xa en serio.
Creo lembrar que foi en 2000, pode que 2001, cando a Xunta, con Manuel Fraga de presidente e Xosé Cuiña de conselleiro do ramo, comenza, xa en serio, como decía, a traballar no proxecto da obra. Un proxecto que aparca o trazado antes indicado, e que perfila a obra comenzando e rematando aproximadamente coma o vemos, salvando a vía do tren, pero con diferencias con respecto ó trazado actual.
Por aquel entón, Burela contaba cun goberno municipal do PP, con Manolo Mon de alcalde. E dase o primeiro paso, e mui importante, para encaixar o proxecto na normativa urbanística. Co proxecto prácticamente rematado, e a falla de pechar presupostos, o 12 de abril de 2002 o pleno do concello de Burela adopta o acordo de aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Burela, para encaixar nas mesmas o trazado e o ámbito de ocupación do acceso ó porto. Ésta era a condición fundamental para poder licitar, adxudicar e construir a obra.
A modificación puntual foi exposta ó público tal e como marca a lei, e tamén o proxecto da obra, que contaron con catro alegacións, que se resolveron en tempo e forma. A tramitación da modificación das normas dá outro paso de enorme importancia cando o 18 de febreiro de 2003 a Comisión Superior de Urbanismo de Galicia aproba a modificación, co que o procedemento de adaptación urbanística avanza segundo o marcado pola normativa en vigor naqueles anos.
Pero en 2004, pouco antes de que a Xunta comenzara co procedemento de licitación e adxudicación, aparece o hipocausto (os que repentinamente están interesados por este asunto, que lean estes parágrafos con atención…). Todo queda parado hasta saber realmente qué facer cos restos. O relevo na alcaldía uns meses máis tarde non acarrea cambios na liña de traballo, máis ben o contrario, xa que a Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Lugo, o 8 de abril de 2005, “informa favorablemente este expediente; sen perxuizo de estudarse unha alternativa para o tratamento dos hipocaustos que deberá ser informada pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural”.
Mes e medio máis tarde, o 25 de maio de 2005, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural resolve dar por rematados os traballos no hipocausto, e fai constar que o promotor da obra, Portos de Galicia, que daquela dependía da Consellería de Política Territorial, debe facer un proxecto para a conservación dos restos.
O concello, pola súa parte, cumplindo coa normativa vixente, remata a tramitación da modificación das normas subsidiarias o 22 de xullo de 2005. Ese día, o pleno do concello de Burela aproba provisionalmente a modificación puntual das normas subsidiarias no relativo ó acceso ó porto, pero sin apoio dos grupos da oposición, BNG, PSOE e CDS. Días máis tarde, o daquela vicepresidente da Xunta e conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijoo, asina o decreto de aprobación definitiva da modificación puntual indicada. A falta de concretar qué facer co hipocausto, o procemento administrativo de encaixe urbanístico da obra do acceso ó porto quedaba pechado conforme a lexislación vixente. Ós poucos días, toma posesión da Xunta o goberno bipartito.
Ano 2007. O xoves, na inauguración, alguén (e non foi o Presidente) falou da rotonda de entronque con Arcadio Pardiñas. Pois ben, no proxecto que había naquel momento non había tal rotonda, había unha especie de cuña que dificultaba sobremaneira o tráfico. A principios dese ano 2007, varios empresarios do entorno do Perdouro plantéxanlle ó goberno municipal, do PP, un cambio no proxecto. O concello fai unha simulación de rotonda dentro do espacio afectado polo ocupación para substituir a cuña sen ocupar máis espacio. E en marzo de 2007 elévase petición por escrito, xunto coa simulación, á Xunta de Galicia, que acepta a modificación. Meses máis tarde a Xunta adxudica as obras do acceso ó porto, como se ve, con todo o traballo previo xa feito. Pero, unha vez iniciada a obra, unha modificación do proxecto sin exposición pública en relación a cómo salvar a liña de FEVE provoca denuncias nos xulgados, de forma e maneira que unha sentencia xudicilal decreta a paralización da obra, que xa non se retomaría. Á problemática xudicial, de obrigado acatamento, haille que sumar outras cuestións de carácter técnico.
Ano 2009. O PP volve ó goberno da Xunta da man de Alberto Núñez Feijoo. Visto que os tribunais de xusticia condenan á Xunta e danlle a razón ó reclamante, e que as cousas non se arreglan, a Xunta decide rescindir o contrato coa empresa adxudicataria, e facer un novo proxecto, que toma como punto de partida o anterior, pero introducindo cambios para adaptarse ás sentencias xudiciáis, e tamén derivados da propia configuración do espacio e do solo. O proxecto queda rematado en 2011 (ano no que volve o PP ó goberno de Burela), pero non será aprobado hasta 2013 logo de superar todo o procedemento de información pública e declaración de impacto ambiental. Pero a normativa urbanística tiña mudado considerablemente, polo que o encaixe legal da obra en materia de urbanismo só era posible a través do Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). E o goberno municipal procura non perder o tempo.
O día 1 de marzo de 2012, o pleno do concello de Burela aproba inicialmente o PXOM, sin o apoio nin do PSOE nin do BNG. O 9 de setembro de 2013 os votos do PP fan posible a aprobación provisional do PXOM, que tampouco conta co apoio nin de PSOE nin de BNG. Seis meses máis tarde, o 31 de marzo de 2014, o PXOM é aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia. Agora, sí, agora xa se pode licitar, adxudicar e construir a obra, xa que tamén hai consignación presupostaria nos orzamentos da Xunta de 2014. A obra comenza en novembro de 2014…
E Núñez Feijoo vén de inaugurala este xoves. Cumplindo os prazos, e cumplindo o seu compromiso con Burela. Gracias, Presidente, unha vez máis (algún non entenderán nunca eso da cortesía institucional e por eso algúns escriben o que escriben e din o que din).
Lido o anterior, un relato mui sucinto de feitos vinculados coa obra do acceso ó porto, cada quen que saque as súas conclusións. Reitero que houbo xente que tirou sempre para adiante por esta obra, mesmo nos momentos de desánimo; e houbo quen non tirou tanto do carro, non apoiando cando había que apoiar, e chegando a decir que a obra nunca se faría, sementando dudas cando se tiña oportunidade de facelo. Benvidos estes últimos á realidade, xa se ve que agora aplauden a obra, cousa da que me congratulo sinceramente (por certo, están na mesma liña coa ampliación do Hospital…).
Os que estamos entre os que sempre tiramos para adiante polo acceso ó porto, e lle adicamos moitas horas de traballo, de esforzo e de reunións, estamos satisfeitos. Eu, inmensamente sastisfeito. Pero Burela está moito máis satisfeita ca min. E tamén de noraboa. E eso é o que realmente importa.
JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ BARCIA