Site icon Crónica3.com A Mariña

Campaña de promoción da reciclaxe de residuos nas inmediacións do mercado de San Cibrao

Cervo, 20 de decembro de 2016. A zona do mercado de San Cibrao acollerá este xoves, día 22, de 10:00 a 13:30 horas unha campaña informativa para promover a reciclaxe de residuos. Esta actividade, que se desenvolverá baixo unha carpa, é unha iniciativa da Xunta de Galicia, Ecoembes e Sogama coa colaboración do Concello de Cervo.

A concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez, anima aos veciños a participar nesta actividade, que “é unha iniciativa máis das moitas que se desenvolven durante todo o ano no municipio para promover a reciclaxe de residuos e, en xeral, as boas prácticas medioambientais. O Concello de Cervo aposta de maneira importante pola conservación do medio ambiente pois consideramos que é fundamental para o noso futuro e o das vindeiras xeracións”.

Exit mobile version