Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre a “triloxía dos Picos de Europa”

O CD Marqués de Casariego prepara para o venres 23 de decembro unha charla e a proxección de Aitor Izquierdo (ADN ASTUR) sobre unha aventura que el mismo fixo percorrendo nunha xornada os picos máis altos dos Tres Macizos: a Morra de Lechugales (2437m) (Macizo Oriental); Peña Santa (2596m) (Macizo Occidental) e Torreceredo (2648m) (Macizo Central). Será no salón de plenos do Concello de Tapia de Casariego ás 21.00 horas.

Exit mobile version