Site icon Crónica3.com A Mariña

Chocolate para recordar a emigración no Museo do Mar

rnlfknsndlkfansdO programa de actividades que, durante toda a fin de semana, se levarán a cabo no Museo Provincial do Mar (San Cibrao) con motivo do Día Internacional do Migrante deron comezo este venres 16 de decembro. Membros do noso Club Sénior reuníronse arredor dun chocolate quente para falar sobre os tempos no que a emigración estaba presente en moitas familias galegas e como cada un deles viviu ese fenómeno. Ademais, aproveitando que logo chega o Nadal, lembraron as comidas máis típicas destas festas e como foron cambiaron co paso dos anos. Aínda con tanta parola, deulles tempo de facer unha creación coa que decorar as súas mesas no Nadal. Cos integrantes do Club Sénior, o museo sempre se enche de vida e alegría.

Exit mobile version