Site icon Crónica3.com A Mariña

Cidade de Lugo 2-3 Frutas Jose FSF

Nova vitoria do Frutas Jose FSF na liga provincial de fútbol sala, esta vez na dificil cancha do Cidade de Lugo, que permite as viveirenses auparse ao segundo posto da clasificación e seguir sen coñecer a derrota no que vai de tempada.

O partido presentábase como un novo reto para un Frutas Jose que acudía ao mesmo con importantes baixas e moi pouca rotación dende o banquillo, diante dun equipo que é un claro aspirante ao título ligueiro.

As viveirenses xogaron un gran partido, moi serio en defensa e creando moito perigo á contra, e foi nunha destas contras na que Marta aproveitou para por o 0-1 no marcador pouco antes do descanso.

As locais sairon dispostas a darlle a volta ao resultado na segunda metade e conseguiron empatar o encontro por medio de Lorena, pero esto non foi obstáculo para que as viveirenses seguiran crendo nas súas posibilidades e de novo adiántabanse no marcador por medio de Nerea, o que fixo que nos últimos minutos o Cidade de Lugo apostara pola porteira – xogadora para tratar de nivelar o marcador, pero foi o Frutas Jose o que acadaou o 1-3 por medio de Rosana o que deu certa tranquilidade nos últimos intres de partido, pese a que o Cidade logrou recortar distancias a falla de 20 segundos, cando despois dun rexeite dentro da área, Nerea marcou en propia porta, pero xa sin marxen para a igualada local.

Este domingo día 11, as 12 da mañá, o Frutas Jose recibe no Antonio Tarrio de Viveiro ao Castro FSF, actual lider da clasificación e que conta todos os seus encontros por vitorias, co liderato da liga en xogo.

Exit mobile version