Site icon Crónica3.com A Mariña

CIG Saúde A Mariña esixe que se cubra con persoal especializado o servizo de pediatría do Centro de Saúde de Burela

CIG Saúde A Mariña esixe que se dea unha solución inmediata á demanda social existente en relación ao servizo de pediatría do Centro de Saúde de Burela.

Dende o sindicato nacionalista afirman que “non se está a dar a cobertura sanitaria axeitada ao non cubrirse as baixas de longa duración con persoal especializado (pediatras) senón con médicos de familia” para atender a máis de 1.300 nenos e nenas adscritos ao centro”.

“A amortización de prazas nos Centros de Saúde, a falla de cobertura das ausencias dos profesionais da pediatría, a contratación en precario por días e incluso por horas provoca unha sobrecarga de traballo que repercute nunha grave perda de calidade asistencial as nosas crianzas”, lembran dende a central nacionalista.

CIG Saúde lembra tamén o déficit na atención pediátrica nos diversos Centros de Saúde da comarca (Mondoñedo, Cervo, Lourenzá, Barreiros, Foz…)

Mentres Feijóo afirma apostar polo sanidade pública a realidade é que precariza servizos básicos.

Para CIG Saúde A Mariña “A saúde é un dereito fundamental que debe ser garantido e protexido independentemente do lugar onde vivan os nosos nenos e nenas, polo que esiximos unha sanidade digna e de proximidade na nosa comarca que garanta a atención pediátrica de todas as nenas e nenos da Mariña”, afirman, “un dereito que defendemos no pasado, no presente e continuaremos defendendo no futuro”, conclúen.

Exit mobile version