Site icon Crónica3.com A Mariña

Club Castelarco, ás portas do podio no XVIII Trofeo Concello das Pontes

edalksdfansldkfjaO pasado sábado o club do Valadouro, Castelarco, participaba en 4 categorías diferentes no XVIII Trofeo Concello das Pontes que organizaba o Club Silex no pavillón municipal da devandita localidade.

Eduardo Domínguez competiu na categoría recurvo Veterano Masculino onde na rolda de clasificación superaba a barreira de 500 puntos sumando un total de 511. Clasificándose para as eliminatorias onde en cuartos de final conseguiu impoñerse a José Prieto do CTA Ponferrada por 6-4, pasando a semifinais onde se deu unha das eliminatorias máis tensas chegando a colocar o marcador 5-5 o que obrigo a xogarlla nunha única frecha para o desempate que finalmente o enviou a xogarse o 3º posto contra Grandal do Arco Narón. Unha rolda igualada e lenta onde se foron repartindo puntos a favor de ambos os lados do marcador pero finalmente o marcador quedo 4-6 non conseguindo subir ao podio.

Doutra banda Fidel Rodríguez en Arco Composto Veterano nunha rolda clasificatoria en grao sumo igualada onde o mínimo fallo podería colocarlle ao final da lista conseguiu sumar 531 puntos que lle colocaron nunha eliminatoria para o pase a semifinais. Con 5 entradas e 12 frechas conseguiu 136 puntos que lle deron o pase fronte a Antonio de Arc-Teixo. En semifinais compartiu liña con Fernando Barredo do CTA Ponferrada ao cal non conseguiu superar deixando o marcador 136-128 na súa contra pasando a xogarse o 3º posto do torneo contra Guillermo Doldan de Arc-Teixo. Unha eliminatoria que tras cinco entradas coloco o marcador igualado a 133 puntos para cada porteiro o que lles obrigo á morte súbita cunha única frecha á diana central onde por milímetros Fidel Rodríguez quedaba ás portas do podio do pavillón das Pontes.

Exit mobile version