Site icon Crónica3.com A Mariña

Comerciantes e hostaleiros da Avenida de Galicia en Ribadeo decoraron por segundo ano as árbores da rúa polo Nadal

Ribadeo, 2 de decembro de 2016. Un grupo de comerciantes e hostaleiros da avenida de Galicia en Ribadeo volveu decorar as árbores desta rúa ribadense coa chegada do Nadal. Este ano os adornos foron elaborados pola Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña.

Seguindo cunha tradición que xa puxeron en práctica o ano pasado, este grupo de comerciantes decidía, coa autorización do Concello de Ribadeo, decorar unha vez máis as árbores da rúa con motivo das festas de Nadal.

Este ano os comerciantes da avenida de Galicia contaron co bo facer da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña. Os seus usuarios foron os encargados de elaborar os máis de 300 adornos que lucirán as árbores desta céntrica rúa de Ribadeo. “Gracias a la cooperación y gran interés de su directora, María José Novoa, y bajo la supervisión y coordinación de Sonia Marcos, los integrantes de esta asociación se entusiasmaron con el proyecto y trabajaron incansablemente en equipo para afrontar esta labor”, explican os comerciantes.

O acto de presentación dos adornos do Nadal tivo lugar este venres pola tarde e ao mesmo acudiron ademais de empresarios deste viario os encargados de elaborar os motivos do Nadal que desde onte dan cor ás árbores dun tramo da Avenida de Galicia.

Os 24 establecementos que participan nesta iniciativa son: Bar Ribeira, personal de O Zapatazo, Mercería Susana Moreira, Pippol´s, Folder, Foto Legaspi, Bar Queimada, Carnicería Seares, Manolo Peluquero, Decorama, Bazar Chino, Bolsos Núñez, Megasoft, Óptica Miró, Bar Regueiro, Mayva, Studio 16, Terra Branca, Bis a Bis, Kebab Istambul, Por los Pelos, Frutería Mylfrut, Gestoría Torres e Panadería La Plaza.

Exit mobile version