Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso demanda unha reforma constitucional que teña en conta a Galicia

Santiago de Compostela,5 de decembro. Compromiso por Galicia pide unha reforma constitucional que profundice no autogoberno e recolla os dereitos de nacións como Galicia. A Constitución non pode ser un elemento de discordia senón que ten que ser unha ferramenta actualizada de respecto aos pobos. Non pode ser un documento inamovible e si un espazo aberto de diálogo.

Desde Compromiso pensamos que os tempos son chegados para abrir un debate acoutado desde fai décadas a Galicia. De feito o 2017 será o ano que deixará a Galicia como a única comunidade autónoma que non terá efectuado ningún trámite parlamentar para a reforma do seu estatuto.

Acreditamos nun maior autogoberno como fórmula de progreso e xustiza para o noso país. Esiximos un cambio desde unha dobre vertente. Cun goberno do Estado que non siga tratando a Galicia como un actor secundario e cun goberno galego que abandone a servidume e defenda os habitantes desta nación sen estado.

Exit mobile version