Santiago de Compostela,19 de decembro.Compromiso por Galicia pensa que todas as medidas que se adopten para frear esa sangría continua de mortes son poucas. Pero é evidente que algo está fallando. Porque seguen morrendo mulleres asasinadas.
Desde Compromiso por Galicia pedimos que as vítimas e persoas ameazadas pola violencia de xénero teñan medidas de protección como no seu día se aplicou aos ameazados polo terrorismo.Estamos ante casos evidentes de terrorismo e temos que reaccionar con contundencia. Non valen escusas cando seguimos padecendo unha lacra brutal.
Estamos ante unha proposta concreta, que entendemos que debería ser implantada con carácter de urxencia. Desde Compromiso tamén somos conscientes que a mellor política de prevención de violencia machista é a política educativa e que as autoridades deben esforzarse tamén neste sentido.Pero non podemos ficar quedos.