Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia cumpre 4 anos e afronta un proceso de reinicio

Santiago de Compostela,16 de dedembro.O secretario nacional de comunicación de Compromiso por Galicia, Orlando Villamayor, reivindicou hoxe o papel que debe ter Compromiso por Galicia “como forza que englobe a unha maioría dos galegos que queren ter un referente aberto e integrador que defenda os seus dereitos sen intermediarios”.

No día no que se cumpren catro anos desde o congreso fundacional, Villamayor agradeceu o traballo de moitas persoas que “aportaron o seu grao de area para poñer os cimentos deste proxecto” nuns anos “de moito traballo e nun contexto político difícil”.

O secretario de comunicación galeguista defende a necesidade de profundizar no autogoberno de Galicia “diante dun novo tempo de reformulación do estado onde o noso país non pode perder o tren e ten moito que dicir”.Lembrou que os debates sobre o AVE ou o financiamento poderían ser distintos cun partido galeguista cunha implantación forte

Tamén salientou que Compromiso por Galicia está diante dunha etapa ilusionante.”Estamos nun punto de reinicio.Agora é o momento de coller un novo impulso e tinguir de verde os nosos concellos”

Compromiso por Galicia celebra o seu II Congreso Nacional o vindeiro 21 de xaneiro en Santiago de Compostela.

Exit mobile version