Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso prepara o seu II Congreso Nacional

Santiago de Compostela 3 de decembro de 2016.O Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia aprobou este sábado os documentos para o debate no seu II Congreso Nacional, que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro sábado 21 de xaneiro baixo o lema “Renovando o galeguismo”.O obxectivo básico deste congreso de “reinicio” é o relanzamento do proxecto cos correspondentes cambios na dirección do partido.

Os debates previstos para o II Congreso Nacional xirarán sobre as modificacións no seo da organización e sobre a preparación das eleccións municipais do 2019, unha convocatoria na que o partido galeguista ten boas perspectivas, dado o traballo positivo e achegado á xente que os representantes de Compromiso están desenvolvendo en gobernos e distintas corporacións de Galicia.

O actual secretario xeral, Xoán Bascuas, valorou o traballo realizado por Compromiso nestes primeiros anos baseado “no traballo, no esforzo e na pulcritude dos procesos democráticos” e avogou porque “a renovación dos órganos de dirección e a incorporación de saiba nova dote dun novo impulso”a formación que tamén na implantación territorial un dos seus retos inmediatos.

Exit mobile version