Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso propón unha circunscrición propia para a Galicia exterior

Compromiso por Galicia está a favor de que os galegos e galegas do exterior poidan participar con garantías nos procesos democráticos e pide unha regulación urxente dos seus dereitos.

Despois de que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo transmitira a súa preocupación polo sistema de voto rogado e o mesmo secretario xeral de Emigración recoñecera o fracaso deste sistema e polo tanto das políticas do seu propio partido, pensamos que é o momento para debater e tomar decisións.

Desde Compromiso por Galicia valoramos positivamente a proposta da Xunta Electoral de implantar o voto telemático para os residentes ausentes. Pero tamén de ofrecer a posibilidade dun voto en urna accesible.

Pero ademais pensamos que hai que ir máis alá e falar da representatividade. Compromiso por Galicia propón que haxa unha circunscrición propia para as elección galegas, que os nosos irmáns na diáspora teñan voz propia e representantes da súa contorna no Parlamento de Galicia.

E tamén que a Galicia exterior teña representantes no Parlamento e no Senado do estado español, para poder achegar directamente as súas problemáticas os foros axeitados. Hai que buscar solucións de alcance para un problema que se mantén, e optar por solucións e non remendos puntuais.

Exit mobile version