Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso reivindica as condicións específicas de Galicia para decidir sobre o teito de gasto

Santiago de Compostela, 1 de decembro. Compromiso por Galicia lamenta o concepto de estado que teñen os chamados grandes partidos. Unha visión arcaica e obsoleta, unha verdadeira antítese do autogoberno.

O Partido Popular e o Partido Socialista Obrero Español pactan o teito de gasto para as comunidades autónomas desde os seus despachos políticos, sen contar directamente cos que tiñan que ser os auténticos protagonistas e donos desta decisión.

De nada vale a submisión dos seus dirixentes territoriais, porque estase aplicando un método errado e nada respectuoso coas propias comunidades.

Pensamos que a capacidade de endebedarse moito, pouco ou nada, debe ser cousa das autonomías. A política económica de Galicia non debe ser teledirixida desde Ferraz ou Génova, porque entre outras cousas as necesidades de endebedamento de Galicia son distintas ás doutras comunidades. Por exemplo, a dispersión poboacional e o avellentamento encarece a prestación de servizos.

PP e PSOE volven a coincidir en cuestións que menosprezan o autogoberno e o poder de decisión dos galegos, mentres Alberto Núñez Feijóo opta polo silencio obediente, o que demostra que non temos forza nin un interlocutor que nos defenda diante dos intereses partidistas ou doutras comunidades máis grandes.

Exit mobile version