Site icon Crónica3.com A Mariña

Concentración contra a violencia de xénero en Burela

aenfodijsadVeciños e veciñas anónim@s, ademais do alcalde, Alfredo Llano, os concelleiros de Igualdade e Educación, Patricia Otero e José Díaz, e outros edís do BNG e do PP secundaron este martes a concentración convocada polo Concello de Burela para amosar a repulsa da poboación tras os últimos asasinatos de dúas mulleres cometidos en Vigo e en Santiago. Os asistentes, tras unha pancarta de Mulleres en Igualdade Burela, gardaron uns minutos de silencio por estas novas vítimas da violencia machista en Galicia.

Exit mobile version