Cervo, 19 de decembro de 2016. O Concello de Cervo pon en marcha o programa Xuventude no Nadal, que inclúe actividades do 26 ao 30 deste mes. Foi presentado no Instituto de Secundaria Marqués de Sargadelos, de San Ciprián pola concelleira de Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, e o de Deportes, José Ramón Soto Martínez.
Ademais o xoves 29 ás 20 horas proxectarase no auditorio da Casa de Cultura a película O club dos incomprendidos e o venres 30 terá lugar na Casa do Mar a festa de clausura, que comezará ás dez da noite, ás 23 horas haberá un monólogo a cargo de Carmen Conde, para as 23:30 horas está programada a entrega de premios das competicións e a partir das 23:45 haberá música de DJ. Os que queiran apuntarse para ser DJ nesta festa deben apuntarse a través da dirección de correo electrónico dinamización@concellodecervo.com ou enviando un whats app ao teléfono 691.656.600.
Haberá premios, de 100 e 50 euros en vales para gastar en establecementos do concello, para os dous equipos mellor clasificados en cada categoría das competicións.