Site icon Crónica3.com A Mariña

En Marea denuncia que a Lei de acompañamento permite a implantación de industrias de producción porcina sen ter que cumprir distancias a centos de núcleos de poboación

Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2016.- O artigo 60 do proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas para o ano 2017, modifica a Lei 4/2015 de 17 de xuño de mellora da estrutura territorial agraria de Galiza en relación coas distancias de explotacións gandeiras porcinas a cascos urbáns.
En dito artigo considera que, a efectos de aplicación das condicións mínimas de ubicación recollidas para as novas explotacións porcinas na normativa básica estatal, entenderase por “casco urbano” os asentamentos formados polo menos por 10 edificacións de uso residencial con separación entre ellas inferior a 25 metros e onde teñan a súa residencia a lo menos 100 persoas.

Non se considerarán, polo tanto, incluídos no concepto de “casco urbano” outro tipo de asentamentos de poboación que non cumpran conxuntamente cos ratios de poboación e edificacións anteriormente sinalados, nin as vivendas illadas dispersas, nin os asentamentos poboacionais en diseminado constitutivos de núcleos rurais, tal e como precisa a propia norma.

Polo tanto tal e como destaca o viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, nos núcleos de poboación que non cumplan estes parámetro, centos en Galiza, dada a regresión da poboación no medio rural e á diseminación da poboación, poderanse implantar granxas industriais de porcos sin ter que cumplir a normativa básica estatal no referido ás distancias e medidas de ordenación sanitaria e zootécnica.

Na normativa estatal (RD 324/2000 de 3 de marzo, polo que se establecen normas básicas de ordenación das explotacións porcinas) a distancia mínima, como norma xeral, é de 1.000 metros a núcleos de poboación; distancia que coa norma que pretende aprobar a Xunta supón que deixariase de cumprirse en moitos núcleos de poboación.

En Marea lembra ao respecto que o Tribunal Constitucional xa interpretou dita norma estatal no sentido de que é básica en relación ás distancias mínimas, de común aplicación para todo o Estado.

Resulta, ademais, especialmente grave que a norma da Xunta non estableza ningún tipo de cautelas ou esixencias sanitarias, nin tampouco condicionantes ou límites ao número de animais e tamaño da explotación.

En Marea considera que, ademáis de ser incongruente coa definición de solo urbano e de núcleo rural, é un auténtico desatino a aprobación deste artigo que vai en contra dunha ordenación racional do noso rural e á compatibilización dos usos residenciais e agroindustriais nos núcleos rurais, permitindo a implantación de granxas porcinas próximas a centos de núcleos de poboación, tanto no medio rural como nos restantes núcleos urbanos habitados.

A proposta do Goberno pretende, ademáis, poder legalizar moitas explotacións con sentenza firme de demolición ou que operan sen licenza municipal, pero a custa de afectar ás condicións de vida e do entorno ambiental dos núcleos de poboación.

Exit mobile version