Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito total do #INLUGO16, que se converte en trending topic nacional

naoisldkxO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto coa Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, inauguraron este venres a primeira xornada do IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais INLUGO, que organiza o organismo provincial. A cita, que reune a preto de 20 profesionais e expertos do ámbito das novas tecnoloxías durante esta fin de semana, converteuse nun dos temas máis comentados a nivel nacional en Twitter ao longo da tarde, sendo trending toppic nacional e logrando unha gran visibilidade.

Campos Conde deu a benvida aos asistentes e poñentes do Congreso e subliñou que “organizamos este evento co obxectivo de fomentar a cultura dixital entre toda a cidadanía. Por iso, quixemos que INLUGO mantivera o seu espírito aberto, gratuíto e para todos os públicos”. Así mesmo, o titular provincial quixo agradecer “as mostras de apoio recibidas desde o primeiro momento en que se anunciou esta nova edición do congreso, ata conseguir esgotar as 600 entradas repartidas nas tres sesións nas que se divide o evento. Así como a acollida e mencións que recibimos nas redes sociais”.

Pola súa parte, Lara Méndez sinalou que “dende o Concello traballamos na liña de converter a Lugo en referente de encontros e convencións. Debo recoñecer que lle gardo un agarimo moi especial ao INLUGO ao que vin nacer. Dende entón vino crecer exponencialmente, cuns magníficos datos de asistencia, audiencia e seguimento en redes en cada edición, que o situaron como un dos máis importantes que se celebra en España”.

Ademais, Darío Campos e Lara Méndez presentaron o concurso de fotografía #Inlugo16 co que se busca premiar á mellor fotografía da cidade (podendo estar tamén relacionada co congreso) que os asistentes publiquen nas redes sociais co hashtag #inlugo16. O gañador do concurso recibirá un smartphone última xeración. Para animar aos asistentes a participar nesta iniciativa, a Alcaldesa de Lugo realizou un ‘selfie’ co Presidente da Deputación que subiu a súa conta de Twitter empregando a etiqueta do concurso e que recibiu numerosos retuits.

Programa do sábado
10:30 “Lugo na rede”. Presentación de empresas, iniciativas e proxectos relacionados coa rede e con ADN lucense.

Presenta: Pablo Rivera (@priveracapon), Deputado Provincial de Innovación, Participación Cidadá, Modidade e Deportes:

• Leandro Barea (@LeandroBarea), ilustrador e humorista gráfico.

• Natalia Alonso (@CampusTerraUSC), xestora de Comunicación do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.

• Carmen Porteiro (@camaposa), fotógrafa de confianza de Google.

• Manuel Soto (@ManuSotoAg), CEO de Peryco.

12:30 Taller formativo “Aprende a crear desde cero unha web para o teu negocio”:

• Álvaro Fontela e Ángela Piñeiro (@RaiolaNetworks), empresa líder de aloxamento WordPress.

14.00 Xantar con relatores.

17:00 “O bo, se breve…” Relatorios de 20 minutos (e 10 para o público)

• “Os nativos dixitais non existen”. Javier Pedreira (@wicho), autor do blogue Microsiervos e especialista en cultura dixital.

• “Das Pontes aos vestiarios de todo o mundo”. Simón Cabarcos (@blindaxe_sport), director de Blindaxe Sport

18:00 a 18.30 Pausa para o café

• “Prensa Nativa Dixital”. Daniel Basteiro (@basteiro). Xornalista e Cofundador do Español (@elespanol)

• “Éxito en YouTube”. Sebas Mouret (@sebasgmouret) YouTubber de éxito

19:30 Entrega dos IV Premios #INLUGO e gañador do concurso de fotografía #inlugo16 coa presenza de Darío Campos (@depulugo), Presidente da Deputación de Lugo e Lara Méndez (@LaraMendezLopez), alcaldesa de Lugo.

20.00. Foto de familia. Despedida e peche.

Cuarta edición dos premios #INLUGO16
Como peche ao congreso realizarase a tradicional entrega dos Premios INLUGO. Nacidos coa intención de recoñecer o labor e o empeño posto por empresas e proxectos lucenses no ámbito dixital, conta con tres categorías: Comercio, Lecer e Restauración; Deportes, Cultura e Acción Social; e e Tecnoloxía.

Preto de 40 candidaturas foron presentadas para optar a estes premios de recoñecido prestixio a nivel galego e estatal. En concreto, 14 inscribíronse na categoría de Comercio, Lecer e Restauración, 16 na de Deportes, Cultura e Acción Social, e 9 na de Tecnoloxía. Logo de finalizar o prazo para participar, un xurado formado por membros da Deputación foi o encargado de valorar as candidaturas e elixir aos finalistas que se darán a coñecer durante a cerimonia de entrega será a partir das 19.30 horas o sábado.

Exit mobile version