Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF insta ao Concello de Foz a colaborar na construción de rampas de acceso nos cemiterios de San Cilla

Son numerosos veciños e veciñas os que visitan con frecuencia os cementerios das distintas parroquias do noso Concello e nos últimos tempos usuarios dos cementerios de Santa Cecilia se puxeron en contacto con membros de “Foz,Plataforma de Futuro”, para indicarnos a necesidade da construción de diferentes ramplas de aceso para persoas con mobilidade reducida ou con carros, tanto no cementerio vello como no novo, así como tamén a construción no interior do cementerio novo de dúas ramplas mais para salvar os desniveis deste.Estas ramplas serán construidas por un grupo de veciños que se encargan do mantemento dos cementerios na parroquia de Santa Cecilia.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a colaboración na construción de dúas rampas de acceso ós cemiterios da parroquia de Santa Cecilia, así como a colaborar na construción de dúas rampas máis no interior do cemiterio novo para salvar os distintos niveis.

Exit mobile version