Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF insta ao goberno local a corrixir as deficiencias no alumeado da N-642 en Pardiñas e na Espiñeira

Nos últimos días levamos observando como hai distintos tramos da estrada N-642 con deficiencias importantes na súa iluminación, estámonos a referir concretamente por unha banda á zoa da rotonda do polígonoe rotonda de Pardiñas en Fazouro, donde hai numerosas luminarias apagadas,mástiles sen a lámpara, e faise especialmente grave o problema na entrada haciaForxán, e por outra banda, na zoa da Espiñeira, pasando a “casa de Tol” hacia Ribadeo marxen esquerdo, temos o mesmo problema e inclusive algunha que funciona o fai con moi pouca intensidade, nesta zoa o problema leva mais tempo aínda con problemas e os veciños desta zoa así nolo fixeron saber.

Por todo o anterior e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron, FPF propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do acordo para “instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a facer as xestións necesarias para corrixir as deficiencias importantes existentes no alumeado da N-642 na zona de Fazouro á altura da rotonda de Pardiñas e na zona da Espiñeira pasandao a “casa de Tol” dirección Ribadeo marxe esquerda”.

Exit mobile version