Site icon Crónica3.com A Mariña

Frutas Jose FSF 1 – Castro FSF 2

Non puido ser. O Frutas Jose colleitou a súa primeira derrota da liga ante o Castro FSF, único equipo que conta todos os seus partidos por vitorias e que lidera con claridade a taboa clasificatoria.

O encontro respostou á expectación creada xa que enfrentaba aos dous únicos equipos invictos da categoría e puña en xogo o liderato da mesma.

As xogadoras locais saltaron a cancha cun excesivo respeto polo rival que tiñan enfronte e eran incapaces de sair con balón xogado da presión das xogadoras do Castro, que si ben non creaban excesivo perigo ante a meta local, facían incurrir en rápidas perdas de balón as locais, o que as obrigaba a un esforzo extra na súa faceta defensiva. Este dominio do Castro plasmouse mediada a primeira metade con 0-1 que subía ao marcador logo dunha xogada individual da pivote visitante.

Con este resultado chegaríase ao descanso, que serviu ás locais para subsanar erros e sair na reanudación convencidas de poder dar a volta ao resultado.

Na reanudación as locais fixéronse con mando do xogo e chegaban con moito perigo ante a meta do Castro, sendo Nera a que subía o empate a un gol ao marcador logo dunha xogada de estratexía, pero pouco durou a ledicia local, pois o Castro, aproveitando un erro de marca nun saque de banda, volvía a adiantarse no marcador a escasos minutos do final.

As viveirenses non se deron por vencidas e volcáronse sobre a portería do Castro, que tuvo na súa porteira a súa xogadora mais destacada, sobre todo nos intres finais do partido, e que evitou coas súas intervencións que o Frutas Jose igualara o encontro.

Frutas Jose.: Laura, Nerea, Marta, Mery y Rosana. Tamén xogaron.: Andrea, María e Sandra.

Exit mobile version